Galicia, fermosas terras, de costa verdecente e prácido luar. Clima húmido e xentes hospitalarias. Din de nós que non sabemos se subimos ou baixamos. Din que calquera peregrino do Camiño é ben acollido no noso fogar. Moitos son os que veñen a peregrinar a Compostela e, ao marcharen, exercen como os mellores embaixadores do noso pobo.

humedades casa camiño santiago

“Son xente encantadora. Abríronme as portas da súa casa e enchéronme de comida a fartar. Déronme un teito para pasala noite. Pero eso si, ao levantarme cada mañá, cada día nunha casa distinta, sempre había humidade na habitación.”

“Eles din que en Galicia a humidade é típica todo o ano. Din que alí as casas teñen humidade de toda a vida. En Galicia din que sempre conviviron coa humidade, e que incluso forma parte do seu encanto… ¡pobriños, non saben que non ten por qué ser así!”

qué es la humedad por condensación galicia

En efecto, a humidade é típica dos fogares galegos. Ben sexa na cidade ou na aldea, tanto na costa coma no interior, no norte ou no sur… Galicia e humidade son termos que camiñan da man. Camiñan, ou máis ben camiñaban, pois se cadra iso comezou a cambiar en 2015…

Hume Ingeniería é unha empresa de Galicia especializada en solucionar problemas de humidade en vivendas. Con sede en A Coruña, esta empresa abarca toda Galicia. Dende 2015 temos traballado tamén en Lugo, Ourense e Pontevedra. Temos traballado para organismos públicos e privados, entidades da talla do Obispado de Ourense ou o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. E sobre todo, temos traballado para os particulares, para tódolos galegos. E se algo teñen en común os nosos traballos, é a garantía por escrito aos nosos clientes de lles resolver o seu problema: a súa plena satisfacción co traballo realizado, dicir adeus para sempre ás humidades.

Hoxe, 17 de maio, en Hume Ingeniería tócanos presumir de galegos. E de feito, presumimos todo o ano. Presumimos de acabar cos problemas de humidade en moitos fogares galegos. Unha mellor calidade de vida e menos quebraderos de cabeza. E é que como din os nosos embaixadores mundo adiante: ¿quén vai saber máis de humidade que os galegos?

empresa galicia solución humedad