• Informes periciales, valoraciones y tasaciones

Informes periciais, valoracións e taxacións

En Hume Ingeniería estamos especializados na redacción de informes periciais, valoracións e taxacións. Contamos nas nosas filas con profesionais en continua aprendizaxe que acreditan formación específica en Peritación de Patoloxías en Edificación. A aplicación práctica destes coñecementos teóricos é o mellor aval para diagnosticar con acerto os desaxustes construtivos e cuantificar economicamente as súas consecuencias.

Sendo coñecedores da natureza do inmoble e da finalidade con que se pretenda elaborar o informe, deberemos axustar o texto ás prescricións legais que lle sexan de aplicación, de modo que poida constituír unha ferramenta válida a ollos da lei.

A presentación de informes técnicos validados por profesionais competentes é unha das actuacións máis demandadas hoxe en día. Ben sexa por vernos inmersos nun proceso xudicial, para mediar en litixios con aseguradoras, por danos ocasionados nun accidente ou simplemente para revalorizar as nosas propiedades, en Hume Ingeniería a miúdo recibimos encargos como:

  • Redacción de informes periciais, actuando como perito ante os órganos xudiciais
  • Taxación de bens mobles e inmobles
  • Informes periciais sobre patoloxías e defectos construtivos
  • Taxacións de fincas rústicas e urbanas
  • Valoración de danos en bens mobles e inmobles
  • Peritacións en accidentes laborais
  • Realización de Informes de Inspección Técnica (ITE), fundamentais para a conservación de edificios.

E, en xeral, valoracións técnico-económicas en edificación e obra civil.

Contactar Agora

Hume Ingeniería ofréceche sempre un presuposto GRATUÍTO e SEN COMPROMISO

Confía en Hume Ingeniería para plasmar unha solución adaptada ao teu contexto
Contactar Agora

Últimos artigos do blog