Licitación de obras
Tras un estudo preliminar do Prego de Cláusulas Administrativas Particulares que rexa o concurso ao que se queira presentar, detallámoslle cal é o plan de traballos idóneo e a nosa proposta para satisfacer todos os requisitos fixados na licitación.
Elaboramos, coordinamos e supervisamos a documentación técnica para obras de construción de CALQUERA tipoloxía, en licitacións convocadas por todo tipo de organismos locais, provinciais, autonómicos e estatais.
Se é vostede representante dunha empresa construtora e pretende optar á adxudicación de obras mediante procedementos de carácter público, nós elaboramos integramente toda a documentación esixible:
- Análise de Pregos, requisitos baremados e estudo do proxecto
- Planificación de obra e memoria descritiva dos traballos
- Dimensionamento dos recursos humanos e materiais necesarios
- Estudo de fontes de subministración e subcontratación
- Previsión de certificacións mensuais e acumuladas
- Memoria de actuacións medioambientais
- Estudo do Plan de Seguridade e Saúde
- Plan de Control de Calidade dos materiais
- E calquera outro requisito puntuable e/ou esixido no Prego
Contactar Agora
Hume Ingeniería ofréceche sempre un presuposto GRATUÍTO e SEN COMPROMISO
Confía en Hume Ingeniería para plasmar unha solución adaptada ao teu contexto
Contactar Agora