Redacción de todo tipo de proxectos
A proximidade ao cliente é o noso factor diferencial. En Hume Ingeniería gústanos modelar o proxecto da man co cliente. Vós poñedes o voso selo de identidade e nós facemos o traballo de fondo. Para iso, estableceranse tantas reunións presenciais como sexan necesarias, manteremos un contacto telemático permanente e prevalecerán todas as ideas innegociables que o cliente pretenda facer servir de bandeira.
Sempre baixo a tutela do cliente, os nosos enxeñeiros desenvolven cada proxecto meticulosamente, dende unha primeira fase de concepción da actuación e análise dos condicionantes externos, que vai progresando dando cumprimento aos requisitos formais e técnicos, satisfacendo á súa vez as disposicións legais en vixencia.
- Proxectos de obra civil
- Obra civil en estradas e estruturas
- Obra portuaria
- Obra ferroviaria e execución de túneles
- Obra aeroportuaria
- Obra hidráulica
- Proxectos de instalacións
- Climatización
- Ventilación
- AQS
- Electricidade
- Fontanaría
- Contraincendios
- Pneumática e oleohidráulica
- Proxectos de ámbito industrial
- Proxectos de mecánica
Contactar Agora
Hume Ingeniería ofréceche sempre un presuposto GRATUÍTO e SEN COMPROMISO
Confía en Hume Ingeniería para plasmar unha solución adaptada ao teu contexto
Contactar Agora