Quen Somos

A orixe

Hume Ingeniería é unha empresa constituída por novos enxeñeiros, que xorde baixo a premisa fundamental de converterse en nexo entre o cidadán e as súas necesidades estruturais do día a día. O noso lema “Somos enxeñeiros ao teu servizo” pretende servir de referencia ao cliente, que ante o descoñecemento xeneralizado en cuestións técnicas, pode encontrar en nós aos seus enxeñeiros de confianza para aprender a valorar por si mesmo as circunstancias do seu ámbito.

Un mesmo problema ten moitas solucións válidas, unhas serán máis caras que outras, serán máis ou menos duradeiras, máis ou menos fiables… O noso obxectivo é darche a coñecer todo o abanico de posibilidades que hai ante ti e avalar ese abanico cunha xustificación técnica que sexa entendible para calquera cliente non familiarizado co sector.

Estrutura

A empresa conxuga unha dobre vertente de actuación; por un lado estrutúrase en torno a un departamento consolidado na resolución de patoloxías de humidade en edificacións, sendo esta a causa esencial na que o cidadán demanda a análise dun profesional que saiba facerlle entender a natureza da súa problemática; polo outro lado, Hume Ingeniería oferta tamén un servizo íntegro de asesoría e oficina técnica na Área de Enxeñaría da Construción.

Para alcanzar o obxectivo ineludible de facer entender ao cliente as posibilidades que lle brinda cada contexto, todo o persoal de Hume Ingeniería achega as dúas calidades innegociables que conducen ao éxito: formación e experiencia acreditadas.

Formación

Todos nós somos profesionais titulados, con formación universitaria impartida por distintas universidades de Galicia, o noso principal ámbito de actuación.

Ademais, este persoal permanece en continua formación, acreditando igualmente estudos de post-grao en materias en crecente auxe ligadas ao sector, como Seguridade e Saúde na Construción, Enxeñaría Ambiental, Certificación Enerxética, Peritación de patoloxías en edificación…

Temos unha base sólida sobre a que argumentar os nosos diagnósticos e os seus consecuentes abanicos de solucións.

Experiencia

O equipo humano que conforma Hume Ingeniería conta así mesmo con dilatada experiencia previa en postos de responsabilidade, tanto en oficina técnica de grandes construtoras coma a pé de obra, despois de participar en máis de 1.500 obras de resolución de humidades. Esta experiencia previa é a que nos avala, cada unha desas 1.500 obras é perfectamente contrastable e supón a mellor garantía de que a xente sabe a quen confiarlle os seus proxectos.

Cada proxecto no que participamos, supón non só a consecución dunha meta máis, senón a posibilidade de aprendizaxe dunha nova vivencia, o trato con novas persoas, o percorrido dun camiño distinto… cada novo proxecto é unha experiencia enriquecedora e non só en canto a coñecementos técnicos. Ter satisfeita a tanta xente non pode lograrse só por medio duns bos coñecementos técnicos, a implicación persoal de todos nós é o que consegue estes resultados.

O factor diferencial

Transparencia, proximidade e ética profesional. Tres termos que definen o espírito de empresa e que supoñen o factor diferencial, xa que dificilmente encontrarás na competencia estes tres valores unidos.

A transparencia é o piar sobre o que se asenta a empresa. Tras pasar anos traballando no sector, comprácenos diferenciarnos da competencia por facer comprender ao cliente cada pequeno matiz do seu caso particular. O obxectivo é que o cliente poida comprender as necesidades derivadas do seu contexto e teña coñecementos para saber optar pola solución que máis se adapte ás súas esixencias. E para lograr este obxectivo, a transparencia é a única clave do éxito.

A proximidade é o noso selo de identidade particular. Afeitos ao trato diario co cliente, empatizamos e implicámonos persoalmente nos seus obxectivos. Unha vez que logramos que o cliente teña unha visión consciente e en conxunto da súa problemática, a relación profesional flúe de xeito natural. Somos persoas axudando a persoas. Somos enxeñeiros ao teu servizo.

A ética profesional non debería ser o factor diferencial de ningunha empresa, pois debería presupoñerse en todas elas. A triste realidade é ben distinta. En Hume Ingeniería non vale todo nin a calquera prezo. Antes que enxeñeiros, somos persoas, e podemos compracernos de poder volver coa cabeza ben alta a todos os sitios polos que pasamos. Ter a posibilidade de seguir dicindo isto cada día que pasa, é a razón de que agora esteas a ler estas liñas.

Mención especial

O 23 de setembro de 2015 Hume Ingeniería recibiu de mans da Conselleira de Traballo e Benestar, Dña. Beatriz Mato, o galardón que nos acredita como empresa gañadora dos premios MOCE 2015 polo noso modelo de xestión empresarial. A distinción, promovida pola Xunta de Galicia, o Grupo BBVA e a Fundación Ronsel, pretende recoñecer de entre máis dun cento de empresas de toda Galicia “a innovación, a xestión empresarial, o respecto polo medio ambiente, a creación de emprego, a proxección exterior, a promoción de economía colaborativa e a inserción sociolaboral”. [Ler máis…]

Hume Ingeniería é para nós, unha proposta de valor: a satisfacción de axudar á xente facendo aquilo que se nos dá ben.

Contacta agora

Confía en Hume Ingeniería para o tratamento de humidade ou o teu próximo proxecto

Estaremos encantados de atenderlle
Contacta agora

Últimos artigos do noso Blog

  • zanja drenaje perimetral humedad capilaridad

Drenaje y humedad por capilaridad

25/05/2017|0 Comments

El drenaje perimetral es una de las actuaciones más comunes a la hora de combatir la humedad por capilaridad y, en realidad, aun siendo habitual no es una medida efectiva al 100%.

En pocas palabras, una zanja de drenaje perimetral consiste en:

Excavar una zanja de ancho variable, desde la cara exterior […]

  • solución humedades galicia

Vivamos como galegos, pero mellor sen humidade na casa

17/05/2017|1 Comment

Galicia, fermosas terras, de costa verdecente e prácido luar. Clima húmido e xentes hospitalarias. Din de nós que non sabemos se subimos ou baixamos. Din que calquera peregrino do Camiño é ben acollido no noso fogar. Moitos son os que veñen a peregrinar a Compostela e, ao marcharen, exercen como os […]

  • humedad orense capilaridad termografía

Soluciones a la humedad por capilaridad en rehabilitación

10/05/2017|0 Comments

La humedad por capilaridad es un problema de difícil solución en obras de reforma. Normalmente resulta mucho más económico anticiparse al problema y prevenir su aparición durante la fase de construcción. Desgraciadamente, a menudo nos acordamos de la humedad una vez que aparece y, llegados a este punto, el abanico […]

  • empresa barata solucion humedad

Cómo acabar con la humedad y gastar poco

25/04/2017|0 Comments

Un problema de humedad, por grave que sea, siempre puede tener una solución buena y duradera. En realidad, la mayoría de los problemas de humedad tienen más de una solución, y sin embargo, es bastante habitual que intentemos combatir las humedades con pequeños parches y remiendos que, a la larga, […]