Humidade por Filtración en Terrazas e Tellados
O resultado adoita ser sempre o mesmo: humidades no teito da planta inferior.
Nestes casos a reparación adoita ser complexa polas afeccións que leva consigo, así que á hora de decantarnos por unha solución deberiamos priorizar a súa durabilidade. Ao tratarse de elementos que construtivamente supoñen a cubrición da planta inferior, unha humidade adoita perturbar a nosa vida cotiá e, polo tanto, a reparación adquire carácter de urxencia. Precisamente por isto, normalmente non compensa solucionar só o foco puntual que dá problemas, porque nos expoñemos a ter que reparar cada inverno un foco puntual distinto. As solucións ao respecto soen implicar o levantamento da zona afectada e deixar libre de exposición á intemperie a zona cuberta, e para evitar vernos nesta situación indesexable cada pouco tempo, é preferible unha solución que ofreza moita fiabilidade malia o paso do tempo.
¿Cómo eliminar a humidade? ¿Ten vostede coñecementos na materia?
En Hume Ingeniería fuximos de tecnicismos e explicamos o problema ao cidadán de a pé.
Vostede comprenderá cada matiz e saberá adoptar a solución máis conveniente.