• 1-termografia-fachada
  • 2-termografía-suelo-radiante
  • 3-termografía-forjados
  • 4-termografía-cubierta-filtraciones
  • 5-termografía-puentes-térmicos
  • 6-termografía-edificio

Termografía

En Hume Ingeniería somos especialistas na elaboración e interpretación de informes termográficos. A Termografía infravermella é unha técnica que permite coñecer a temperatura dunha superficie con precisión nos seus distintos puntos, sen ter que establecer ningún contacto con ela. Grazas á Física podemos converter as medicións da radiación infravermella en medicións de temperatura.

As principais aplicacións da termografía son: localización de fugas e humidades, detección de defectos de construción, inspección dos procedementos de secado, plans de reurbanización e garantía de calidade, restauración de edificios, detección de fugas de aire, detección de filtracións en tellados de cuberta plana, perdas de calefacción, de ventilación e aire acondicionado, protección contra incendios, prevención anticipada de balorecementos…

O ollo humano non é sensible á radiación infravermella emitida por un obxecto, pero as cámaras termográficas son capaces de medir esta enerxía cos seus sensores infravermellos. Isto permítenos medir a enerxía radiante emitida por obxectos e, por conseguinte, determinar a temperatura dunha superficie a distancia, en tempo real e sen contacto ningún. Polo tanto, mediante as cámaras termográficas, podemos determinar diferenzas de temperatura e así deducir defectos construtivos.

A Termografía pode proporcionar a información necesaria para evitar custosas reparacións. Ademais, para as construtoras ou aseguradoras as imaxes térmicas de anomalías constitúen probas irrefutables á hora de chegar a un acordo en caso de litixio e planificar as accións correspondentes de reparación.

Qué inclúe este servizo

Solicite un diagnóstico do seu problema de humidade por só 50 €

Un enxeñeiro habilitado polo seu Colexio Profesional informaralle de tódalas súas opcións para acabar coa humidade
Qué inclúe este servizo

Últimos artigos do noso blog