Quen somos
Enxeñeiros de confianza especializados en resolver humidades
Misión
A orixe
Hume Ingeniería é unha empresa constituída por novos enxeñeiros, que xorde baixo a premisa fundamental de converterse en nexo entre o cidadán da rúa e as súas necesidades estruturais no día a día. O noso lema “Somos enxeñeiros ao teu servizo” busca servir de referencia ao cliente, que ante un descoñecemento xeneralizado en cuestións técnicas, atopa en nós aos seus enxeñeiros de confianza para aprender a valorar por si mesmo as circunstancias do seu entorno.
Un mesmo problema ten moitas solucións válidas, unhas terán maior custo que outras, serán máis ou menos duradeiras, máis ou menos fiables… O noso obxectivo é darte a coñecer tódalas posibilidades que hai ante ti e avalar todas elas cunha xustificación técnica que sexa entendible para calquera cliente non familiarizado co sector.

Visión
Estrutura
A empresa conxuga unha dobre vertinte de actuación; por un lado estrutúrase ao abeiro dun departamento consolidado na resolución de patoloxías de humidade na edificación. Esta é a nosa rama de servizos na que o cidadán, frecuentemente, demanda a análise dun profesional que sexa capaz de facerlle entender a natureza da súa problemática. Polo outro lado, Hume Ingeniería oferta tamén un servizo íntegro de asesoría e oficina técnica na Área de Enxeñería da Construción.
Para alcanzar o obxectivo ineludible de facer entender ao cliente as posibilidades que lle brinda cada contexto, todo o persoal de Hume Ingeniería aporta as dúas condicións innegociables que conducen ao éxito: formación e experiencia acreditadas.


Formación
Todos nós somos profesionais titulados, con formación universitaria impartida polas distintas universidades de Galicia, o noso principal ámbito de actuación.
Ademais, este persoal permanece en continua formación, acreditando igualmente estudos de post-grao en materias en crecente auxe ligadas ao sector, como Seguridade e Saúde na Construción, Enxeñería Medioambiental, Certificación Enerxética, Peritación de patoloxías en edificacións…
Temos unha base sólida sobre a que argumentar as nosas diagnoses e as súas consecuentes posibles solucións.
Experiencia
O equipo humano que conforma Hume Ingeniería conta así mesmo cunha dilatada experiencia previa en postos de responsabilidade, tanto en oficina técnica de grandes construtoras como a pé de obra, ao participar en máis de 1.500 obras de resolución de humidades. Esta experiencia previa é a que nos avala, cada unha destas 1.500 obras é perfectamente contrastable e supón a mellor garantía de que os nosos clientes saben a quen confiarlle os seus proxectos.
Cada proxecto no que participamos, supón non só a consecución dunha meta máis, senón a posibilidade de aprendizaxe dunha nova vivencia, o trato con novas persoas, o recorrido dun camiño distinto… cada novo proxecto é unha experiencia enriquecedora e non só en canto a coñecementos técnicos. Poder satisfacer a tanta xente non se logra só por medio duns bos coñecementos técnicos, a implicación persoal de todos nós é a que consegue estes resultados.

Valores
O factor diferencial
Transparencia, implicación e ética profesional. Tres termos que definen o espírito de empresa e que supoñen o factor diferencial, xa que dificilmente atoparás na competencia estes tres valores unidos.
A transparencia é o piar sobre o que se asenta a empresa. Tras pasar anos traballando no sector, sentímonos orgullosos de diferenciarnos no sector por explicar ao cliente cada pequeno matiz do seu caso particular. O noso obxectivo é que cada cliente comprenda as necesidades derivadas do seu contexto e teña coñecementos para decantarse pola solución máis axeitada segundo as súas propias esixencias. E para lograr este obxectivo, a transparencia é a única clave do éxito.


A implicación é o noso selo de identidade particular. Acostumados ao trato diario co cliente, empatizamos e comprometémonos persoalmente no seus obxectivos. No momento en que logramos que cada cliente teña unha visión consciente e en conxunto da súa problemática, a relación profesional flúe de xeito natural. Somos persoas axudando a persoas. Somos enxeñeiros ao teu servizo.
A ética profesional non debería ser o factor diferencial de ningunha empresa, pois debería presupoñerse en todas elas. A triste realidade é ben distinta. En Hume Ingeniería non vale todo nin a calquera prezo. Antes que enxeñeiros, somos persoas, e enorgullécenos poder voltar coa cabeza ben erguida a tódolos lugares nos que unha vez estivemos. Ter a posibilidade de seguir dicindo isto cada día que pasa, é a razón de que agora esteas a ler estas liñas.
Mención especial
O 23 de setembro de 2015 Hume Ingeniería recibiu por parte da Consellería de Traballo e Benestar, o galardón que nos acredita como empresa gañadora dos premios MOCE 2015 polo noso modelo de xestión empresarial. A distinción, promovida pola Xunta de Galicia, o Grupo BBVA e a Fundación Ronsel, recoñece de entre máis dun centenar de empresas de toda Galicia “a innovación, a xestión empresarial, o respecto polo medio ambiente, a creación de emprego, a proxección exterior, a promoción da economía colaborativa e a inserción sociolaboral”.
Blog
Últimos artigos do blog sobre humidades e o seu tratamento

Cómo quitar la humedad de las paredes de forma definitiva
Las manchas de moho y humedad en las paredes de nuestras viviendas, garajes, bajos, etc., son generalmente los primeros indicios que percibimos de un problema de humedades que se puede […]
Ler máis >
Humedad por fuga de agua en el baño, ¿quién paga?
En este vídeo explicamos cómo actuar cuando tienes humedades en el baño ocasionadas por un vecino.
Ler máis >
Humedades en iglesias y conventos, ¿alguna solución divina?
Semana Santa se caracteriza tradicionalmente por ser la época del año cuando las iglesias, conventos y espacios religiosos reciben más afluencia de visitas. Espacios que, por sus características, suelen albergar […]
Ler máis >Solicita unha diagnose fiable e a medida
Un enxeñeiro especializado en humidades estudará o teu caso para acabar coa humidade