Informes técnicos de humidades
Que son os informes técnicos de humidades e a súa importancia
A análise e resolución dos problemas de humidade pertencen a unha rama da enxeñería descoñecida para a maioría de profesionais da construción. Ningún plan de estudos profundiza nesta materia, polo que habitualmente, os supostos expertos acaban por dar paos de cego ao tratar de solventar o problema.
Se precisas dun informe técnico para presentar nun xuízo, ante unha aseguradora, na túa comunidade de veciños, etc… en Hume Ingeniería axudámoste. Os nosos enxeñeiros contan cos tres piares fundamentais para unha diagnose inequívoca: formación, experiencia e medios materiais. Podes atopar información máis ao detalle neste post sobre informes e peritaxes.

Peritaxes de humidades a medida

O informe técnico que che brindamos, validado polo equipo de enxeñeiros, estará composto por unha análise consecuente e unha minuciosa xustificación técnica do teu problema de humidade. O noso equipo humano, provisto da última tecnoloxía e o instrumental de medición máis fiable e punteiro do mercado, visitará o lugar de referencia e documentará in situ tódolos parámetros de relevancia para, a continuación, elaborar o informe.
Contido estándar:
- Inspección e documentación de humidades
- Deseños, planos e documentación gráfica
- Informe e análise mediante o emprego de termohigrómetros específicos para a medición da humidade
- Identificación das causas e propostas de solución á humidade
En Hume Ingeniería fuximos de tecnicismos para explicar o problema e as súas diferentes alternativas, desta maneira poderás decidirte pola solución que mellor se adapte ás túas necesidades.
Blog
Últimos artigos do blog especializado en humidades e no seu tratamento
Electroósmosis: caso real de humedad por capilaridad
La humedad por capilaridad es una de las patologías más persistentes y mal resueltas en edificación. Afecta principalmente a plantas bajas y sótanos, deteriora revestimientos, genera sales, desconchones, pérdida de […]
Ler máis >
Cómo afecta la humedad a los materiales de construcción: madera, hormigón y cerámica
La humedad es uno de los principales enemigos de cualquier edificación. Aunque muchas veces se percibe solo como una molestia estética —manchas, moho, olor a cerrado, etc.—, en realidad puede […]
Ler máis >
Gracias por estos 10 años de confianza. ¡Vamos a por otros 10!
El año 2025 ha estado marcado, a nivel global, por cambios que afectan directamente a la forma en que habitamos y conservamos nuestros edificios. El aumento de fenómenos climáticos extremos, […]
Ler máis >Solicita máis información sobre os nosos informes técnicos de humidades
O noso equipo de enxeñeiros estudará o teu caso



