Humidade por filtración
Humidade por filtración
A HUMIDADE POR FILTRACIÓN ten a súa orixe na auga da choiva e pode dar lugar a diferentes problemas. A entrada de auga prodúcese por transvase, ao traspasar a superficie pola que aflora a humidade (teitos, paredes, chans…), pero isto non significa que o foco da filtración se atope ao outro lado da superficie afectada.
Na maioría dos casos, a auga presenta un comportamento caprichoso e recorre o seu propio camiño desde a orixe da filtración ata o punto no que aflora a humidade. Por iso e para arranxar o problema resulta imprescindible determinar a vía de entrada da auga.

¿En que zonas aparecen este tipo de humidades?

A HUMIDADE POR FILTRACIÓN EN FACHADAS é consecuencia da auga da choiva. A filtración prodúcese a causa dunha inexistente ou deficiente impermeabilización. Cada chuvasco pode supoñer a entrada de máis auga á vivenda.
A HUMIDADE POR FILTRACIÓN EN MUROS ten a súa orixe na auga do terreo e prodúcese por contacto directo. É moi habitual en garaxes e sotos, nos que se acompaña de humidades por capilaridade.
A HUMIDADE POR FILTRACIÓN EN TERRAZAS tamén é causada pola auga da choiva. Neste caso os puntos conflitivos polos que pode acceder a auga multiplícanse: sumidoiros, perímetros, xuntas de dilatación… O resultado adoita ser o mesmo, humidades no teito da planta inferior.
Exemplos de humidades por filtración
Blog
Artigos do blog relacionados con humidades por filtración
Fachadas SATE y humedad
Las fachadas son las principales responsables de dos tipos de humedades que pueden afectar a nuestras viviendas: las filtraciones y las condensaciones. Una fachada en malas condiciones, con impermeabilización y […]
Ler máis >
Humedad como consecuencia de temporal, ¿quién paga?
Con la llegada del otoño y, sobre todo, del invierno, los temporales de viento y lluvia empiezan a manifestarse y, con ellos, podemos ver aparecer algunas patologías en nuestras viviendas. […]
Ler máis >
Humedad por filtración en paredes: origen y soluciones
Tras hacer un recorrido por los diferentes tipos de humedades y presentar posibles soluciones para quitar la humedad de las paredes de forma definitiva en nuestro último post, hoy profundizamos […]
Ler máis >Solicita unha diagnose fiable e a medida
Un enxeñeiro especializado en humidades estudará o teu caso para acabar coa humidade









