Tramitación de licenzas de apertura
En Hume Ingeniería encargámonos integramente da tramitación de licenzas de apertura, sexa o que sexa o teu negocio. A licenza ou comunicación da actividade ou apertura é o documento que acredita que o local conta coas condicións de habitabilidade e uso axeitadas para acoller a actividade económica á que se destina, sen causar molestias a terceiros.
Dependendo do tipo de negocio que vaias montar, poden esixirte no concello un proxecto técnico bastante completo, que lles permita emitir os correspondentes informes municipais. Existe unha gran variedade de informes, dependendo das características e dimensións do negocio (informes urbanísticos, industriais, sanitarios, medioambientais ou xurídicos). Nesta documentación será necesario incorporar o visado do colexio profesional, polo que o proxecto debe asinalo necesariamente un técnico competente que estea colexiado.
O proxecto debe contemplar tódalas características do establecemento e da actividade a desenvolver: planos de ubicación e distribución, dimensións, reformas a realizar, instalacións e cumprimento das normas aplicables.
En Hume Ingeniería facémonos cargo de tódalas xestións cos organismos competentes en cada materia, ata lograr a obtención dos permisos pertinentes: licenzas de obras, medidas de insonorización e impacto acústico, medidas hixiénicas e de salubridade, plans contra incendios, plans de prevención de riscos, etc.
Blog
Artigos do blog relacionados cos nosos servizos de Oficina Técnica
Reformar tu hogar de forma sostenible
Desde que Greta Thunberg comenzó a despertar las conciencias de ciudadanos de todo el mundo acerca de las terribles consecuencias que podría tener el cambio climático, son muchas las familias […]
Ler máis >Hume Ingeniería participa en el primer edificio plurifamiliar Passivhaus de Galicia
El futuro ya está aquí. En 2020 y en Galicia. Vigo es el escenario del primer edificio de viviendas modernas certificado bajo el estándar Passivhaus. Era el antiguo Hotel Galicia, […]
Ler máis >Informe técnico pericial de humedad
Humedades en casa que vuelven una y otra vez. Las paredes, el techo, el armario, la ventana… Todos los inviernos intentas ponerle remedio, pero el problema sigue ahí. Has probado […]
Ler máis >Solicita máis información sobre a nosa Oficina Técnica
O noso equipo de enxeñeiros estudará o teu caso